InicioMedioambiente e PatrimonioXermade conta por fin con depósito de auga contra incendios

Xermade conta por fin con depósito de auga contra incendios

O concello chairego carece de fontes naturais de auga coas que abastecer aos servizos de extinción, polo que esta infraestrutura resulta crítica

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Xermade carece de fontes naturais de auga ás que recorrer en caso de incendio. Tampouco dispoñía, ata agora, de puntos de subministro artificiais cos que abastecer aos equipos de emerxencias. Mais a intervención da Deputación de Lugo solventou esta grave deficiencia coa construcción dun depósito de auga contra incendios.

Esta infraestrutura contou cun investimento de 10.500 euros a cargo do executivo provincial, que carece de competencias na loita contra o lume. O punto de recollida de auga de Xermade foi instalado no lugar de Roupar de Arriba, xunto ao cemiterio municipal e conectado a unha traída municipal. 

Conta o depósito cunha capacidade de 30.000 litros aproximadamente, que están listos para subministrar aos equipos de bombeiros co caudal necesario para extinguir incendios se fose preciso. Tamén se empregará para o abastecemento de auga ao gando cando este líquido sexa escaso, tendo en conta os cortes de subministro acontecidos en tempo de sequía.

A instalación financiada pola autoridade provincial permitirá incrementar a seguridade do Concello de Xermade, ao dispor dunha fonte de subministro de auga ao seu alcance que permite actuar con maior rapidez. A construcción desta infraestrutura era crítica, pola ausencia de puntos de auga desta natureza nun termo municipal que carece de ríos caudalosos na súas proximidades.

Con anterioridade rexistráronse incendios de certa importancia na zona, preto da estrada que vai a Viveiro. Dende a Deputación de Lugo denuncian que Xermade tampouco conta cun camión de bombeiros forestais, un vehículo reclamado á Xunta de Galicia durante anos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O PP visita as instalacións de Quescrem para coñecer o “papel estratéxico” de empresas da provincia de Lugo

Continuando coa planificación de coñecer empresas asentadas na provincia, o seu funcionamento e como...