InicioSucesosDetida por roubos continuados a persoas vulnerables e maiores de Vilalba

Detida por roubos continuados a persoas vulnerables e maiores de Vilalba

A presunta autora dos roubos, con antecedentes por delitos semellantes, pedía esmola en Vilalba e aproveitábase de anciáns e persoas con mobilidade reducida

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a unha muller como presunta autora de roubos a persoas maiores e con mobilidade reducida en Vilalba. Sobre a detida, con antecedentes por delitos contra o patrimonio, pesa a acusación de delito continuado de furto.

A persoa está investigada por roubos cometidos entre os meses de xaneiro e febreiro na cabeceira de comarca. Segundo consta nos informes do operativo, a muller desprazábase a diario dende o domicilio ata Vilalba para pedir esmola, abordando a persoas de avanzada idade e con diversidade funcional das que se aproveitaba para subtraer cartos.

Como suposta autora dos furtos, foi detida este xoves por axentes da Garda Civil. Constan sobre ela numerosos antecedentes por delitos contra o patrimonio, e dende o Instituto Armado trasladan que a pescuda segue aberta, porque non descartan a posibilidade de atopar “máis vítimas” nesta serie de roubos. A muller pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...