InicioTerra CháVilalbaVilalba inicia traballos de rexeneración nas pistas municipais en Lanzós e San...

Vilalba inicia traballos de rexeneración nas pistas municipais en Lanzós e San Simón da Costa

A alcaldesa, Marta Rouco, destaca a colaboración coa Deputación de Lugo, que permite ao municipio contar por terceiro ano consecutivo con equipos do parque móbil para actuar no rural vilalbés

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba continúa avanzando na mellora da rede viaria municipal do rural coa incorporación, desde a pasada semana, de dous equipos do parque móbil da Deputación de Lugo destinados á rexeneración de pistas municipais. Concretamente, un dos equipos está especializado na apertura e limpeza de cunetas, mentres que o segundo realiza traballos de riego e rexeneración do firme dos viais.

Nestes momentos, o equipo encargado da rexeneración do firme está actuando nun vial do barrio de Moreda, na parroquia de Lanzós, unha pista municipal con acceso directo desde a estrada provincial LU-P-6502 que dá servizo a varias vivendas e que presentaba un notable deterioro.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “estas actuacións permiten seguir mellorando progresivamente a rede viaria municipal do noso rural, dando resposta a necesidades importantes dos veciños e veciñas das parroquias”.

Rouco sinalou ademais que “falamos de pistas fundamentais para o día a día da veciñanza, tanto para os desprazamentos habituais como para a actividade agrícola e gandeira”.

De forma paralela, o equipo encargado da apertura e limpeza de cunetas está centrando actualmente os seus traballos en dous viais municipais da parroquia de San Simón da Costa, concretamente nos barrios de Pude e Ribeira, actuacións previas á rexeneración do firme destas pistas.

A rexedora puxo en valor a colaboración institucional coa Deputación de Lugo, que permite ao Concello contar por terceiro ano consecutivo con medios do parque móbil provincial para reforzar os traballos de mellora da rede viaria municipal.

“Grazas a este acordo impulsado desde a Alcaldía foi posible actuar xa en máis de 35 quilómetros de pistas municipais de diferentes parroquias do rural vilalbés durante os últimos anos”, explicou Marta Rouco.

A alcaldesa destacou tamén que “o obxectivo é continuar avanzando na rexeneración progresiva das vías municipais e actuar no maior número posible de pistas, priorizando aquelas que presentan unha maior necesidade de intervención”.

Nas vindeiras semanas os dous equipos continuarán desprazándose por distintas parroquias do municipio para seguir desenvolvendo actuacións de mellora e mantemento da rede viaria rural.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...