InicioSociedadeIngresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou...

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Ten varias causas abertas no sistema Viogén e estaba en busca e captura por un xulgado de Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena solicitou a última hora da tarde o martes o seu ingreso na prisión de Teixeiro, xa que se atopaba en busca e captura desde o mes de marzo. Trátase do coñecido caso dun home de 40 anos que tamén foi acusado de cambiarse de xénero e variar a súa identidade para eludir a lei de violencia de xénero.

Foi un xulgado de Madrid o que ordenou a procura para o ingreso en prisión por acumular varios quebrantamentos das medidas cautelares con varias mulleres, ante as que non respectou as ordes de afastamento, debido a que son varios os casos que ten abertos no sistema Viogén, polo menos 3. O home, xa declarado muller, ten numerosas denuncias das súas vítimas, e acudiu libremente ao centro penal coruñés para ingresar.

Debido á súa condición de “muller”, xerouse un problema para a súa localización nun primeiro momento, segundo informaron a Europa Press fontes penais, pero ao final o centro decidiu ingresalo na zona de presos non conflitivos. Foi precisamente o cambio de sexo o que xerou moitas protestas por parte das súas denunciantes, que o ven como unha forma de evadir condenas máis avultadas e que deixen de computar os delitos pendentes de malos tratos ao pasar a ser o acusado unha muller a efectos legais.

+ posts

ÚLTIMAS

Opinión: O Dereito Internacional fronte á situación en Venezuela

O Dereito Internacional como ferramenta de Paz O mundo vira xa dúas Guerras Mundiais con...

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...

As Nogais homenaxea a tres veciños deportados a campos nazis coa colocación de ‘storpelsteine’

As Nogais homenaxeou este sábado a tres veciños que foron deportados a campos de...