InicioTerra CháVilalbaVilalba: unha programación de Nadal cultural e festiva para todos os públicos

Vilalba: unha programación de Nadal cultural e festiva para todos os públicos

As actividades alongaranse durante máis dun mes e unha das novidades será a pista de xeo que se ubicará na Praza da Constitución. Tamén chegará á vila José Touriñán cun dos seus monólogos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Nadal comezou oficialmente no Concello de Vilalba co acendido das luces e a inauguración do poboado de Nadal o martes 6 de decembro. Foi un momento moi especial que estivo amenizado pola mini banda de Vilalba e os pequenos da Asociación Cultural de Andrade.

Dende o Concello está sinalado en vermello o día 21, un dos máis especiais do ano, pola celebración da Feira do Capón, que foi presentada tamén días atrás.

O tradicional Concerto da Banda de Música de Vilaba, os inchables, as danzas, a música vilalbelsa, e a representación dun dos seus monólogos a cargo de Touriñán, serán outras das propostas deste programa que non esquece por suposto a visita de Papá Noel e dos Reis Magos, tanto no casco urbano como nas parroquias.

“Contaremos ademais na recepción na Praza da Constitución cunhas personaxes moi coñecidas grazas a ‘Somos Unidos polo Cáncer’”, lembraba Antía Rama, concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Feiras e Mercados, quen anunciou tamén a carreira San Silvestre antes do peche do ano.

O peche do Nadal en canto a espectáculos será o 6 e 7 de xaneiro coa representación do Ballet da Ópera Nacional de Moldavia e un concerto para celebrar os 30 anos de Meigallas xunto aos vilalbeses e vilalbesas máis cativos.

FOMENTO DO COMERCIO LOCAL

Entre estas iniciativas para dinamizar o comercio local está o reparto de bolsas reutilizables entre o pequeno comercio, cunha mensaxe simbólica que esta vez será ‘Merca en Vilalba’ para agradecer á xente a súa compra. “É unha aposta que levamos facendo dende hai tres anos, porque estamos convencidos de que hai que tratar de concienciar aos veciños e veciñas da importancia de mercar no noso comercio e de dinamizar o que é a nosa vila”, aseguraba a concelleira de Políticas Sociais, Economía e Facenda e Comercio, Marta Rouco.

Nesa liña tamén avanzou o que será o prato forte no Nadal en Vilalba, a pista de xeo que se vai instalar na Praza da Constitución entre o día 25 ata o 8 de xaneiro. A pista estará funcionado tódolos días de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. As entradas darán acceso ó recinto durante 45 minutos e en cada quenda poderán entrar 45 persoas.

“Haberá dúas formas de mercalas: a través da páxina web, na que se poden reservar tanto o día como a hora, pero sempre deixando unha cantidade libre para a xente que as queira adquirir presencialmente ou que teña entradas froito dos sorteos que se van facer nos establecemos Gadis”, detallaba a concelleira ao tempo que agradecía a colaboración de Gadis e outras empresas. A instalación desta oferta de lecer invernal conta tamén cunha axuda de 10.00 euros da Deputación Provincial de Lugo.

Tamén neste Nadal se levará a cabo en Vilalba a campaña coa Asociación de Empresarios do Polígono, o ‘Merca e Gaña’, que cumpre a súa cuarta edición.

“Nestas datas tan entrañables como as do Nadal volcámonos un pouco máis para ampliar esa oferta a todas as persoas independentemente da súa idade, condición social ou de que vivan no casco urbano o no rural. Todos os vilalbeses e vilalbesas están chamados a participar”, dixo a alcaldesa Elba Veleiro no acto de presentación.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...