InicioTerra CháVilalbaSinais nos pasos de peóns para mellorar a seguridade viaria en Vilalba

Sinais nos pasos de peóns para mellorar a seguridade viaria en Vilalba

O concello, na súa aposta pola prioridade peonil no casco urbano, vén de colocar sinais indicativos nos pasos de peóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba na súa aposta pola humanización do casco urbano segue a implementar actuacións e iniciativas destinadas a darlle prioridade ás persoas sobre os coches e mellorar a seguridade viaria.

A última acción está sendo a instalación de 16 novas sinais indicativas nos pasos de peóns como medida de seguridade. Son termoplásticas e antideslizantes que se puxeron en zonas escolares e que se porán tamén nas rúas Chao Ledo, Plácido Peña e Campo da Ponte.

O sistema devandito non é novo, pois xa o teñen empregado cidades europeas, e cumpren cos parámetros recomendados pola Dirección Xeral de Trafíco (DXT). Inclúen ademais pictogramas, facilitando a súa comprensión por parte dos nenos e das persoas con TEA.

“Son pequenos pasos na procura do noso obxectivo de ter un concello seguro e inclusivo, no que as persoas recuperen o seu protagonismo”, lembra Luis Fernández, concelleiro de Urbanismo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...