InicioTerra CháVilalbaVilalba, capital rosaliana este febreiro

Vilalba, capital rosaliana este febreiro

O Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Istituto de Estudos Chairegos, veñen de presentar un ciclo que contará cuns dez actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da sobranceira intelectual galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vilalba ‘respirará’ Rosalía este mes de febreiro, concretamente do 11 ao 25, días nos que terá lugar un amplo abano de actividades encamiñadas a recoñecer o papel desta galega universal como muller sobranceira das nosas letras. Na organización están implicadas, ademais do Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos.

Os actos comezarán o venres 11 de febreiro coa inauguración na sala de exposicións do Auditorio Municipal da mostra ‘Rosalianas’, da pintora e escultora Viki Rivadulla. A mostra inclúe unha selección de obras que representan o feminismo e que lle acaen moi ben ao mes de Rosalía.

sábado 12 o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, fará un relatorio ás 12:00 h. que precederá á inauguración do “Parque Rosalía de Castro”, situado entre as rúas Calvario e Rouco Varela, tras un acordo plenario do Concello de Vilalba tras solicitude do IESCHA –Instituto de Estudos Chairegos–.

Para a cativada anotar o 18 de febreiro ás 18:00 h. para acudir ao Auditorio Municipal a ver o espectáculo de monicreques “A viaxe de Rosalía“. Trátase dun espectáculo de Larraitz Urruzola para dar a coñecer parte da obra e momentos da vida desta galega inmorrente.

Presentación das ‘Xornadas Rosalianas’. Foto: Prensa Concello de Vilalba

Para o sábado 19 está programado o recital “As Rosalías sementan pensamentos” no que participarán once mulleres poetas da NPG –Nova Poesía Guitirica– e realizarase no Parque Rosalía de Castro ás 12:00 h. con acompañamento musical da formación BMW Ensemble. Ese mesmo día, pola noite, haberá un concerto que conxugará poesía e música no Auditorio Municipal ás 20:30 h.

Para o día 23 quedan as representacións traballadas polo profesorado e alumnado do IES Santiago Basanta Silva e Lois Peña Novo ás 18:00 h. no Auditorio; e o venres 25 a lectura do manifesto a cargo da escritora Beatriz Maceda. A este manifesto sucederalle un concerto do grupo “Ialma” ás 20:00 h. tamén no Auditorio.

ACCIÓN CULTURAL VISUAL

Ademais das actividades referidas, durante estas semanas estarán presentes os “Poemas pendurados das farolas”, unha iniciativa da NPG que chega a Vilalba dando voz a distintos autores e autoras, levando a poesía ás rúas da localidade, e tamén á Biblioteca Municipal. Neste espazo repartirán flores de paepel reciclado con motio do mes de Rosalía e farase unha mostra bibliográfica.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...