InicioTerra CháVilalbaVilalba recupera a súa tradicional feira do capón "con moita ilusión" tras...

Vilalba recupera a súa tradicional feira do capón “con moita ilusión” tras o ano da pandemia

Estarán a maior parte dos 38 criadores censados e con boa parte dos case 1.250 exemplares que están criando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de VilalbaElba Veleiro, a concelleira de Feiras e Mercados, Antia Rama, e María José López, criadora, presentaron esta semana a programación da Feira do Capón remarcando a ilusión de que se volva facer como marca a tradición. “A pandemia obrigounos a suspender a feira presencial o ano pasado, polo que a retomamos agora con moita ilusión e damos a benvida a todas aquelas persoas que nos queiran visitar esa data”, apuntou a alcaldesa de Vilalba

“É o pistoletazo de saída para o Nadal aquí, a feira do capón é un emblema de Vilalba e ten moita repercusión nacional e internacional”, manifestou pola súa parte Antía Rama, que garantiu “todas as medidas e protocolos Covid-19 vixentes, para o que contamos coa colaboración de todos e todas as asistentes”.

Pola súa parte, a criadora María José López engadiu que “o capón é un manxar que temos aquí en Vilalba e só se cría para o Nadal, esperemos que na feira non se note a folga de transporte”.

PROGRAMA

A feira abrirá as súas portas ás 09.30 horas da maña, coa presenza da maior parte dos 38 criadores censados e con boa parte dos case 1.250 exemplares que están criando. A partir desa hora comeza o mercado, no que as e os asistentes poderán adquirir os capóns para a cena de Nadal, pero ademais tamén poderán aproveitar para asistir a unha demostración de cociña de balde para saber os detalles dun bo cociñado desta ave de curral autóctona.

Na feira haberá tamén outros produtos típicos da zona e a música tradicional que amenizará o recinto feiral chegará da man de Cerna de Árbol, unha agrupación formada polos veciños da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol.

Non faltarán os tradicionais premios aos criadores: mellor criador, mellor cesta, mellor par, maior número de exemplares á feira e o premio especial, que como sempre será segredo ata ese día. A entrega dos mesmos será ás 11:00 horas nun acto presentado polo presentador da TVG Fran Cañotas. Como novidade, haberá un sorteo entre as e os asistentes de dous capóns gañadores do ‘Premio ao mellor par’.

Tamén se fará entrega do premio ao pequeno gañador ou gañadora do I concurso infantil de deseño do cartel do capón para o ano 2022.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...