InicioTerra CháVilalbaTrasladadas dúas persoas por intoxicación de monóxido debido á mala combustión dunha...

Trasladadas dúas persoas por intoxicación de monóxido debido á mala combustión dunha estufa en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas foron trasladadas por intoxicación por monóxido de carbono debido á mala combustión dunha estufa nunha vivenda na madrugada deste venres no municipio lucense de Vilalba. Por mor desta incidencia os servizos sanitarios e bombeiros tiveron que intervir.

Segundo informou o 112 Galicia, tres membros dunha familia resultaron afectados por intoxicación de monóxido de carbono, pero, segundo confirmou persoal sanitario, finalmente dúas persoas de necesitaron ser trasladadas.

Foi persoal sanitario quen, sobre as 1,30 horas deste venres, chamou ao 112 Galicia para informar dun posible escape de gas nunha vivenda en Nete, no concello lucense de Vilalba. Indicaron que dúas mulleres presentaban síntomas de intoxicación.

Por iso, por parte do 112 Galicia informouse os Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil, así como aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora do gas. Tras comprobar a procedencia da orixe da fuga, os profesionais sanitarios confirmaron o trasladado das dúas persoas a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...