InicioTerra CháVilalbaNovo cribado a 500 estudantes de Vilalba tras un gromo que afecta...

Novo cribado a 500 estudantes de Vilalba tras un gromo que afecta a 20 persoas

Este concello pasa a nivel medio de restricións na madrugada deste sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas informou de que mantén a vixilancia sobre un brote de covid-19 detectado na localidade lucense de Vilalba que afecta a unha vintena de persoas e, para tratar de cortar canto antes as cadeas de transmisión, programou para este venres un cribado no instituto Santiago Basanta Silva.

O cribado desenvolverase entre as 10 e as 12:00 horas e foron chamados para pasar as correspondentes probas diagnósticas algo máis de cincocentos alumnos do centro. Trátase do segundo cribado realizado polo Sergas nese centro de educación secundaria en poucos días, tendo en conta de que fai algunhas xornadas outros 120 alumnos do instituto realizaron as probas diagnósticas, o que permitiu detectar catro positivos asintomáticos.

Neste momento, a incidencia acumulada é de 125 casos por cada 100.000 habitantes a sete días e máis de 150 casos por cada 100.000 habitantes a catorce días.

Vilalba é, xunto con Xove, Cervo e Monforte, un dos catro municipios da provincia de Lugo que pasarán esta medianoite ao nivel medio de restricións. En canto a Viveiro, pasará ao nivel alto como consecuencia dun brote que xa afecta a unhas 65 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...