A Xunta informa dunha falecida na súa casa en Vilalba con covid

A muller tiña 84 anos.

Entrada de urxencias do HULA | EFE

As autoridades sanitarias galegas notificaron este mércores o falecemento doutras dúas persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva o cómputo total de vítimas mortais da pandemia na Comunidade a 2.415.

En concreto, Sanidade informa de que unha muller de 84 anos faleceu no seu domicilio de Vilalba o pasado 12 de maio.

Tamén notifica que na pasada xornada morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) un home de 89 anos. Os dous presentaban patoloxías previas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here