InicioSociedadeReclaman a creación dun centro de día en Vilalba a cargo dos...

Reclaman a creación dun centro de día en Vilalba a cargo dos fondos europeos

O Sindicato Labrego Galego considera estes fondos Next Generation "unha oportunidade" para mellorar os coidados de longa duración neste municipio, ao tempo que estuda tamén a posibilidade de habilitar pequenas unidades de coidados nas parroquias da contorna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar a solicitude dun plan de dotación de centros de día para Vilalba ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e á conselleira de Política Social, Fabiola García. Este plan incluiría, ademais, servizos de coidados para persoas maiores en todas aquelas parroquias cuxos indicadores de poboación maior de 65 anos ou dependentes así o recomendasen. Para iso, o SLG tamén reclama que se dote o plan co financiamento necesario a través dos Fondos de Recuperación Next Generation.

A petición do SLG responde a unha “necesidade urxente da capital chairega de contar cun centro de día público para o coidado de persoas maiores”, sinalan nun comunicado. “Non se entende que unha vila do tamaño da vilalbesa, con máis de 14.000 habitantes, un terzo dos cales supera os 65 anos de idade, non conte cun servizo destas características”, engaden.

“PROMESAS INCUMPRIDAS”

Ademais, o carácter rural deste concello aconsella, segundo o Sindicato, que ese servizo se leve tamén a algunhas parroquias para achegalo ás persoas usuarias. “Cómpre lembrar que dende o ano 2001, cando se iniciou o proxecto para construír un centro de día en Vilalba, vimos escoitando promesas sobre a súa execución que nunca se chegaron a cumprir“, lembra a organización, que apela a incluír o centro de día de Vilalba no bloque “Cadea de valor 5: Sanidade e modos de vida saudable, nova economía dos cuidados” dos Fondos de Recuperación.

Temos unha inmellorable oportunidade para obter financiamento de cara a executar un ambicioso plan de coidados das nosas persoas maiores en Vilalba”, indica o Sindicato, que tamén insta a camiñar cara a outro modelo de coidados “menos institucionalizado”, “menos centrado” na atención residencial, e máis achegado ao entorno das persoas.

Dende o Sindicato Labrego tamén fan un chamamento a todo o tecido asociativo do concello, así como ao goberno municipal e aos partidos políticos, para que apoien esta petición de urxencia. “Os Fondos Next Generation son unha oportunidade que non podemos deixar pasar para cumprir cunha demanda histórica de toda a sociedade vilalbesa”, sentenzan para rematar.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...