Gonzalo Caballero acusa desde Vilalba á Xunta de ocultar os motivos de vacinacións irregulares

O secretario xeral do PSdeG esixiu a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para que informe no Parlamento de Galicia do uso "irregular" de 17 vacinas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG | ALX

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este venres o municipio lucensede Vilalba, onde mostrou o seu apoio e puxo en valor o proxecto da alcaldesa socialista, Elba Veleiro.

Precisamente, a rexedora reivindicou a necesidade de que o Goberno galego comprometa coas necesidades do muncipio, entre as que situou a contrucción dun centro de día, o arranxo da estrada LU–119, así como o apoio para facer fronte aos gastos do servizo de axuda ao fogar.

COMPARECENCIA DE COMESAÑA

O secretario xeral do PSdeG esixiu a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para que informe no Parlamento de Galicia do uso “irregular” de 17 vacinas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Así o reclamou este venres durante a súa visita ao municipio lucense de Vilalba e despois de que na xornada do xoves o Servizo Galego de Saúde (Sergas) recoñecese que se vacinaron a un total de 17 persoas, que identificou como informáticos de centros da área sanitaria de Pontevedra, aos que non lle correspondía nesta fase por “erro”.

“Os responsables da área sanitaria están a evitar explicar con claridade que é o que ocorreu nos centros hospitalarios de Pontevedra nos que se administraron vacinas a persoas que non estaban nos protocolos establecidos“, sinala Gonzalo Caballero, que incidiu en que Comesaña debe informar deste caso en sede parlamentaria.

Así mesmo, na súa visita, volveu a reclamar que a Xunta reforce o sistema sanitario para que todas as vacinas que cheguen a Galicia sexan usadas coa “maior celeridade”, “que non queden nos conxeladores nin un día, de forma que na medida na que estean dispoñibles úsense con carácter inmediato”, manifestou.

AXUDAS Á HOSTERÍA

Ademais, na súa intervención, Gonzalo Caballero celebrou que a Xunta “reaccionase” e anunciase “que ía incrementar en 50 millóns” os fondos para a hostalaría e o turismo, “dúas horas despois de que o PSOE propuxese ao clúster de turismo un rescate con 62 millóns de euros”. Neste sentido, celebrou que o Gobiero galego “reaccionase” e “empezo a tomar medidas” para un dos sectores máis afectados polas restricións para facer fronte á covid-19.

Todo iso nunha intervención na que pediu fuxir de “debates gratuítos e estériles” sobre as restricións. “Cremos que se deben de tomar todas as medidas para loitar contra o virus, contra a terceira onda, e prever todos os escenarios que se poidan dar”, apuntou.

REIVINDICACIÓNS DE VILALBA

Gonzalo Caballero visitou este venres o municipio lucense de Vilalba, onde mostrou o seu apoio e puxo en valor o proxecto da alcaldesa socialista, Elba Veleiro.

Precisamente, a rexedora reivindicou a necesidade de que o Goberno galego comprometa coas necesidades do muncipio, entre as que situou a contrucción dun centro de día, o arrglo da estrada LU–119, así como o apoio para facer fronte aos gastos do servizo de axuda ao fogar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here