InicioSociedadeVilalba estrea unha app móbil para "tecer redes fronte ás violencias machistas"

Vilalba estrea unha app móbil para “tecer redes fronte ás violencias machistas”

A ferramenta está pensada para que as rapazas máis novas teñan información ao seu alcance e saiban cales son os recursos dos que dispoñen.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba vén de anunciar a posta en marcha dunha aplicación móbil, ‘En Rede Vilalba’, co obxectivo de ofrecer información sobre as distintas violencias que se exercen sobre as mulleres, nomeadamente as máis novas, e sobre os recursos dispoñibles ao seu alcance.

A app recolle distintos tipos de información que permiten “dotar de ferramentas ás mulleres máis novas por unha canle na que acostuman comunicarse”, subliña a concelleira de Igualdade, Vanesa Siso. “Consideramos moi importante promover un achegamento das rapazas ao Centro de Información á Muller de Vilalba e en xeral aos recursos que teñen ao seu dispor, tratar de proporcionarlles información sobre a forma de actuar ante unha situación de violencia, e principalmente que podan detectar os distintos tipos de violencias machistas que actúan agora tamén nas redes sociais e medios dixitais”.

Así pois, a app, que xa se pode descargar nos smartphones, conta con sete apartados diferenciados: ‘qué é a violencia de xénero’, no que se fai fincapé na violencia dixital; ‘identifico as violencias machistas’, no que se inclúen sinais de alerta e mitos; ‘tips para relacións saudables’; ‘ante a violencia: que podo facer’, para saber como actuar tanto se ocorre en primeira persoa coma se se detecta un caso na contorna próxima; ‘outros teléfonos de interese‘ e ‘para ampliar a miña información’.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...