InicioCulturaXosé Miguel Barrera Vázquez gaña o XLV Certame Literario de Vilalba

Xosé Miguel Barrera Vázquez gaña o XLV Certame Literario de Vilalba

O autor, nado neste concello, escribiu un poemario titulado 'Poema da rúa das aves'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba xa anunciou o nome da persoa gañadora do XLV Certame Literario de Poesía, logo de que o xurado emitise o fallo na tarde de onte. Xosé Miguel Barrera Vázquez, coa súa obra Poema da rúa das aves, foi proclamado vencedor por unanimidade. Así pois, beneficiarase dun premio dotado con 7.000 euros, unha flor natural e un diploma.

O xurado, presidido pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, estivo formado por expertos no eido literario: Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, Catedrático de Historia; Fidel Fernán, director do Grupo de Radio Principal; e Xulio Xiz, xornalista.

O AUTOR

Eles foron os encargados de valorar os 36 libros que se presentaron ao concurso. Acordaron que o de Xosé Miguel Barrera era o que máis calidade tiña. Barrera é natural de Vilalba, aínda que actualmente reside na vila madrileña de Torrelaguna, onde é membro do Grupo Bilbao de escritores afincados en Madrid. Ademais, tamén colabora coa revista de poesía OLGA. Na súa actividade literaria figuran publicacións en galego e castelán, como os libros de poesía Loita de Silencio, Árbore do Desespero e Poemas do Tempo Silenciado. Así mesmo, tamén ten colaborado en diversas publicacións colectivas como a revista Xistral.

Ademais, ten publicacións en diversas revistas colectivas de escrita castelá como La Espadaña, Cartapacio ou Piedra Lisa. Entre algúns dos recoñecementos do autor destaca a de finalista do concurso de guión do proxecto Una Tela en Blanco polo texto “Una tarde en el parque”. No concurso poético Chozas de la Sierra, na súa VIII edición, acadou a Mención de Honor polo poema “Lamento por la muerte de un amigo”.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...