InicioTerra CháMurasO alcalde de Muras acusa a Urbas de ofrecer prezos "irrisorios" a...

O alcalde de Muras acusa a Urbas de ofrecer prezos “irrisorios” a propietarios de terreos para a mina de feldespato

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcalde de Muras, o nacionalista Manuel Requeixo, acusou á empresa Urbas de ofrecer “prezos irrisorios” a propietarios dos terreos na parroquia de Silán para explotar un xacemento de feldespato.

Requeixo precisou que “os técnicos municipais están a revisar a documentación que presentou a empresa no concello” e engadiu que “cando acaben de revisalos verase se se cumpre coa normativa”.

“Non temos información real no concello; cando menos sorprende que se faga unha valoración do xacemento que hai alí (Silán)”, advertiu.

Ademais, sinalou que polo que lle consta a el “o que se está ofrecendo aos propietarios dos terreos, que teñen explotacións gandeiras”, son prezos “irrisorios”.

“Está a ocorrer algo semellante ao que ocorreu cando foi o inicio dos parques eólicos. Esperemos que non se repita nesta ocasión, a condición de que a empresa cumpra coa documentación que sexa correcta e estea en orde”, agregou.

Manuel Requeixo afeou que “coa Xunta non houbo comunicación algunha” e engadiu que si a houbo coa empresa pero “en momentos puntuais”.

Os veciños, pola súa banda, presentaron alegacións, segundo confirma o rexedor. Urbas recibiu a pasada semana a autorización da Xunta para explotar este xacemento de feldespato ao descuberto. Segundo a empresa poderíanse crear máis dunha vintena de empregos.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...