InicioSociedadeMuras, recoñecido como enclave turístico privilexiado para ver as estrelas

Muras, recoñecido como enclave turístico privilexiado para ver as estrelas

O concello vén de ser galardoado co selo de Destino Starlight.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio de Muras entra a formar parte dos chamados Destinos Turísticos Starlight, un recoñecemento que ten en conta aqueles lugares con ceos libres de contaminación lumínica e, polo tanto, ideais para o astroturismo. O selo vén de ser concedido pola Fundación Starlight, con sede en Canarias.

O Concello leva traballando na procura deste recoñecemento dende o ano 2019, para que as estrelas sexan un elemento máis que levar por bandeira ademais das súas distinguidas paisaxes de montañas e vales.

De feito, a Sociedade Galega de Historia Natural organiza periodicamente actividades astronómicas no municipio, tanto destinadas á contemplación do ceo como á arte da astrofotografía. Agora, con este galardón baixo o brazo, Muras agarda potenciar o turismo de estrelas como ferramenta para un turismo sostible no municipio.

Os Destinos Turísticos Starlight, segundo indica a Fundación, non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e os medios que garantan a súa protección, senón tamén as adecuadas ingraestruturas e actividades relacionadas coa oferta turística e a súa integración na natureza nocturna. Xa que logo, queda ben asegurado que Muras é un deses lugares privilexiados de obrigada visita para botar a vista ao máis alto.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...