InicioMedioambiente e PatrimonioDesaparece o cruceiro de Rego Pequeno, mutilado dende comezos de século

Desaparece o cruceiro de Rego Pequeno, mutilado dende comezos de século

O cruceiro da parroquia dos Vilares, incompleto debido á acción de maquinaria desbrozadora, desapareceu nun novo caso de expolio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Guitiriz engade un novo caso á polémica pola conservación dos bens patrimoniais. Desta vez, trátase da desaparición do cruceiro de Rego Pequeno, paradigma do abandono e o expolio. A peza quedara incompleta dende comezos de século, cando unha máquina desbrozadora municipal mutilara o capitel e a cruz. Dende entón nada máis se soubo das partes afectadas, e agora tamén a base e o fuste foron subtraídos.

O cruceiro de Rego Pequeno estaba situado na parroquia de San Vicenzo dos Vilares. Era de base cúbica con fuste monolítico, cun capitel de forma cúbica, e rematado pola cruz cuadrangular sen efixies. Estaba situado ao pé dun camiño asfaltado, nunha zona de vexetación canda a varios predios agrícolas.

A desaparición foi corroborada por Os Vilares, Lareira de Soños conxuntamente con Cruceiros de Galicia, organización que alertara en primeiro lugar da circunstancia. Os grupos a prol do patrimonio están consternados por esta nova agresión, e denuncian o estado xeral dos activos históricos e etnográficos de Guitiriz.

“Resulta preocupante o expolio destas pezas, moitas veces con coñecemento dos veciños, que se negan a denunciar para evitar problemas”. Aliás, consideran aínda máis prexudicial o papel das administracións, que “pola súa desidia facilitan a desprotección do patrimonio histórico”. Citan neste senso o risco de desaparición dos excepcionais frescos da igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares, ou o abandono e a falta de limpeza do Calvario das Reixas, sen reparar nin sinalar dezanove meses despois.

“A Toma Cultural da Caldaloba é unha chamada de atención”

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...