InicioCulturaPasarrúas poético, charlas e música: así será o Festival de Poesía de...

Pasarrúas poético, charlas e música: así será o Festival de Poesía de Guitiriz

Arrinca o venres, 1 de xullo, e rematará o domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Casa Habanera será a sede da poesía galega durante tres días. A programación do II Festival de Poesía Guitírica arrincará o venres, 1 de xullo, ás 17:00 horas, co espectáculo infantil ‘Brinca vai de aquí a acola’, de Paco Nogueiras. Ás 18:30 horas Luz Darriba e Xulio Pardo estrearán unha das novidades desta segunda edición, as presentacións vis a vis, con dous autores e dúas obras a un tempo. Seguirá Ainhoa Conde e María Xosé Lamas, xa ás 19:15 horas. A xornada inaugural rematará ás 20:30 horas cun concerto verso de Corredores de Sombra.

O sábado, 2 de xullo, programouse para as 11:15 unha conversa con Clara Blanco, que dará paso ao pregón e presentación do festival coa presencia da pregoeira, a escritora Marica Campo, e Marisol Morandeira. Tralo pregón, ao redor das 13 horas, as rúas de Guitiriz encheranse de versos co Pasarrúas poético. Xa pola tarde, ás 17 horas, Moncho Bouzas e Luz Airado subiranse á tarima da Habanera para a súa presentación vis a vis. Tras eles, farán o propio Curra Figueroa e Eladio Rodríguez, e Lino G. Salgado e Pura Tejelo. Xa ás 19:15 horas, María Álvarez Landesa, xunto con Eva Teixeiro e Alba María, interpretarán Como Dúas Crebas (Medulia). O concerto de peche de xornada será o de Folerpa de Son.

Na clausura, o domingo 3 de xullo, ás 11:30 horas farase a entrega do Premio Díaz Castro de Poesía a Manuel López Rodríguez e as Vilarinhas de Micro Poesía a Teresa Ríos, Fran Fernández Davila e María Álvarez Landesa. Todo isto amenizado pola música de Roger de Flor e Pedro Montilla. O festival rematará cun novo pasarrúas poético.

Ademais, en paralelo ao festival, o venres 1 de xullo inaugurarase a exposición de collages de Clara Martín, que permanecerá na Habanera ata o 29 de xullo, e, por outra banda, expoñeranse as Vilarinhas 2022 durante todo o mes nas farolas de Guitiriz.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...