InicioTerra CháGuitirizA colisión de dous camións sáldase con dous homes feridos en Guitiriz

A colisión de dous camións sáldase con dous homes feridos en Guitiriz

Os dous homes foron hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous homes resultaron feridos tras chocar dous camións na mañá deste luns na autovía A-6 ao seu paso polo termo municipal de Guitiriz.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro tivo lugar pouco minutos antes das 10,00 horas cando recibiu unha chamada que alertou dunha colisión entre dous camións no punto quilométrico 540 da Autovía do Noroeste, nos carrís de sentido a Madrid.

Durante a comunicación, afirmouse que podía haber persoas atrapadas nos vehículos. Por iso, o CIAE-112 Galicia puxo a información en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e de Protección Civil de Guitiriz.

Unha vez chegados ao lugar, a patrulla da Policía Local confirmou que no accidente non había ninguén atrapado e que un condutor, resultado ferido, era atendido na ambulancia.

Ao momento do sinistro o 061 unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes aos homes S.O.T., de 31 anos, e M.A.C.D., de 42 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

RESTOS

Ademais, explicaron que o carril dereito da A-6 permaneceu cortado debido aos restos orixinados no sinistro e que foron retirados pola dotación de Bombeiros de Vilalba. Por parte do 112 Galicia tamén se informou ao persoal de mantemento de estradas e ao Centro de Xestión de Tráfico co fin de manter a seguridade na vía.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...