InicioSociedadeO Festival de Pardiñas celebrará a súa 41 edición con medidas de...

O Festival de Pardiñas celebrará a súa 41 edición con medidas de prevención

Este ano o festival contará coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, participou na presentación do Festival de Pardiñas, que celebra a 41 edición cun novo formato, deslocalizado e adaptado as medidas de prevención da Covid-19. A área de Cultura da Deputación de Lugo achegará 20.000 euros á organización do Festival.

Ferreiro agradeceu “o esforzo feito pola asociación para reformular o Festival e adaptarse ás excepcionais circunstancias deste ano marcado polo incidencia do coronavirus” que, sinalou, “está complicando a celebración de festas e programacións culturais por todo o país”.

A Casa das Palabras de Guitiriz serviu de escenario para a presentación do festival organizado pola Asociación Cultural Xermolos que este ano levará concertos, proxeccións audiovisuais, presentacións de libros e coloquios culturais a diferentes parroquias do concello durante todas as fins de semana de agosto.

O impulsor do Festival, Alfonso Blanco, explicou que “optaron por persoas, colectivos e grupos das Terras de Guitiriz, Parga e Teixeiro e con outros que, sen ser daquí, estiveron sempre con Xermolos, contribuíndo a que o festival saira adiante”. “Concebimos a cultura como unha ferramenta contra outras pandemias, como a da desigualdade e a inxustiza, por iso cremos que ante o coronavirus non podemos baixar as forzas. Temos que pelexar contra el”, expuxo durante a presentación na que tamén participou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.

A programación arrincará o sábado 1 de agosto na carballeira de Parga coa lectura do pregón a cargo de Afonso Castro (12.00 horas) e a apertura da Mostra de Artesáns de Instrumentos Musicais na que participarán preto de 40 artesás de todo o país.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...