InicioSucesosFeridos dous condutores de camión tras saír da estrada en Cospeito

Feridos dous condutores de camión tras saír da estrada en Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous condutores resultaron feridos nun sinistro viario rexistrado este luns en Cospeito, onde un camión acabou envorcado e, máis tarde, recibiu o impacto dun turismo.

Segundo informaron Garda Civil e o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 13,55 horas no quilómetro 10 da estrada LU-113 a altura da parroquia de Xustás.

Tras recibir a alerta dun particular, a central de emerxencias mobilizou aos bombeiros de Vilalba e a Urxencias Sanitarias 061, que se desprazaron á zona.

Os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao condutor do camión, que foi atendido máis tarde polos profesionais sanitarios. No sinistro tamén resultou ferido o condutor dun turismo que impactou contra o camión envorcado sobre a vía.

O tráfico viuse afectado o lugar do sinistro debido a que o camión, que transportaba lodos, quedou atravesado na estrada e perdeu parte da súa carga.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...