InicioSucesosO xuízo pola nena asasinada en Muimenta comeza este luns mentres o...

O xuízo pola nena asasinada en Muimenta comeza este luns mentres o pai da menor espera que se “faga xustiza”

"Estou a desexar que pase isto, aínda que pasar páxina non a pasarei na vida, isto hai que pasalo si ou si e tentar que se faga xustiza", dixo o pai da menor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai da nena Desirée, presuntamente asasinada pola súa nai en Muimenta en 2019, afronta desde o vindeiro luns o xuízo por este crime coa idea de que “se faga xustiza” para a súa filla.

“Estou a desexar que pase isto, aínda que pasar páxina non a pasarei na vida, isto hai que pasalo si ou si e tentar que se faga xustiza”, dixo o pai da menor, de sete anos, que foi achada sen vida no domicilio da súa nai en maio de 2019.

Este luns está previsto que el, José Manuel Leal, preste declaración como testemuña no xuízo. Ante o tribunal, avanzou, dirá “o sucedido” na xornada na que lle comunicaron o falecemento da súa filla, que debía pasar ese fin de semana con el.

Primeiro, rememorou Leal, chamoulle o pai do seu exmujer, que lle pediu que fose desde A Coruña, onde se atopaba traballando, ata Muimenta, xa que a nena “estaba malita”. Ao insistir, a nai da súa exmujer comunicoulle que morrera, aínda que sen darlle máis explicacións.

“A Garda Civil díxome que non me podían contar nada, que por favor viñese amodo desde A Coruña. Nunha hora e dez minutos fixen o traxecto ata Muimenta e non se como cheguei”, apuntou. A partir dese momento, sentenciou, “desatouse o pesadelo” ante a que reclama “xustiza”.

Tanto a acusación particular, que exerce o pai da vítima, como a acusación popular, por parte da Fundación Amigos de Galicia, e a Fiscalía, piden para a única acusada a máxima pena estipulada, a prisión permanente revisable. “O malo é o de revisable, para este tipo de barbaridades e atrocidades non hai que revisar nada. Aquí si se comproban os feitos, esa persoa non poden volver xuntarse coa sociedade en toda a súa vida porque non son persoas”, reivindicou José Manuel Leal.

O xuízo, con xurado popular, fixouse desde o luns e durante seis días, ata o 14 de febreiro. Pola sala da Audiencia Provincial de Lugo pasarán 22 testemuñas, 21 peritos, 16 axentes da Garda Civil que participaron na investigación e tres médicos.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...