InicioTerra CháCospeitoA billarda, os bolos, a música tradicional e as carreiras de sacos...

A billarda, os bolos, a música tradicional e as carreiras de sacos volven a Muimenta

A vicepresidenta da Deputación de Lugo inaugura a Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, asistiu este domingo á Festa dos Xogos Tradicionais organizada por Xotramu en Muimenta, unha xornada monográfica dedicada á posta en valor do patrimonio lúdico de Galicia

O campo da Igrexa Vella converteuse en escenario de xogo para público de todas as idades, con decenas de propostas, desde a billarda ou os bolos ata as carreiras de sacos, o aro ou a comba. Tamén se realizaron demostracións e obradoiros de construción de enredos e xoguetes tradicionais.

Maite Ferreiro felicitou a Xotramu pola celebración da xornada tras o parón do ano pasado, provocado pola Covid -19, e puxo en valor o traballo de recuperación e estudo do patrimonio lúdico que veñen realizando na última década. Anunciou, ademais, que a Vicepresidencia da Deputación colaborará coa entidade na publicación de material divulgativo sobre os xogos tradicionais.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...