InicioMovementos sociaisEmpregados da residencia de Castro Ribeiras de Lea denuncian o incumprimento do...

Empregados da residencia de Castro Ribeiras de Lea denuncian o incumprimento do convenio

Os traballadores concentráronse na Delegación da Xunta en Lugo en protesta polas condicións laborais da empresa que xestiona a residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concentrados a carón da Delegación da Xunta en Lugo, os empregados da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea protestaron este venres polas condicións laborais ás que os somete a empresa concesionaria. Denuncian que se está a incumprir o convenio que rixe este centro da Xunta de Galicia –con 105 profesionais que atenden a 172 usuarios– logo dos reaxustes realizados pola dirección.

O presidente do comité, Manuel Pérez, explicou que os traballadores do centro residencial de Castro están en desacordo coas carteleiras ditadas pola empresa en 2018, como tampouco aceptan as de 2019. “Os empregados saen perdendo cos cambios”, asegurou Pérez, quen denunciou que a non compensación dos festivos e o aumento das horas de traballo incumpre o convenio.

As centrais sindicais Comisións Obreiras, Confederación Intersindical Galega e Unión Xeral de Traballadores anuncian que, de non producirse acordo, levarán o asunto perante a xustiza na forma de conflito colectivo. “Xudicializaremos as carteleiras e chegaremos onde faga falla, porque o persoal non está conforme cos movementos da empresa”, reivindicou o presidente do comité. Hai previstas novas concentracións.

 

presentarán conflito coletivo para que a xustiza dirima.

Os sindicatos UXT, Comisións Obreiras e CIG xa anunciaron que presentarán nos xulgados unha demanda de conflito colectivo. “Se non hai acordo xudicializaremos as carteleiras e chegaremos onde faga falta porque o persoal non está conforme cos últimos movementos da empresa”, manifestou o presidente do comité, que, ademais, advirte de que se irán acordando futuras concentracións”.

Neste momento son uns 105 os traballadores desta residencia, que conta con 172 usuarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...