InicioTerra CháCastro de ReiA Xunta declara "iniciativa empresarial prioritaria" a planta de biogás que Agroamb...

A Xunta declara “iniciativa empresarial prioritaria” a planta de biogás que Agroamb proxecta en Castro de Rei

Supón a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo o proxecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta declarou como “iniciativa empresarial prioritaria” o proxecto da empresa ‘Agroamb Prodalt’, no concello lucense de Castro de Rei, para impulsar “unha nova planta de biogás para a obtención de biometano líquido”.

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación explicou que nesta actuación “a compañía prevé investir 22,5 millóns de euros, contribuíndo deste xeito á creación de riqueza e á consolidación de emprego de calidade no rural”.

Para iso, sinala a Consellería nunha nota de prensa, a iniciativa pretende utilizar os residuos orgánicos producidos no sector agrogandeiro e agroalimentario galego como materias primas para obter biometano líquido “a través dun proceso de separación criogénica do biogás producido”.

Así, unha parte do biogás xerado empregaríase para cubrir o autoconsumo da planta e parte do biometano líquido para abastecer a frota de transporte da empresa e dos seus provedores.

A Xunta considera o proxecto de “economía circular”, xa que reduciría a extracción de materias primas, ao aproveitar residuos orgánicos para a obtención de biocombustibles que, á vez, reducen o uso de combustibles fósiles.

Ademais, destacaron que o proxecto inclúe a posibilidade de crear “ao redor de 75 postos de traballo entre directos e indirectos na comarca” por parte deste grupo empresarial que conta co selo de ‘Peme innovadora’ outorgado pola Administración central e que presta servizo a máis de 200 empresas, concellos e institucións, así como a agricultores e gandeiros.

Con esta declaración de “iniciativa empresarial prioritaria” a Consellería que dirixe Francisco Conde enmarca o proxecto en “a filosofía da Lei de Simplificación Administrativa que supón, na práctica, a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto, ratificando igualmente todas as garantías xurídicas durante o procedemento”.

Con esta, a Administración autonómica xa aprobou 10 iniciativas empresariais prioritarias que prevén “a mobilización de 160 millóns de euros” e “a creación ou mantemento de ao redor de 500 empregos”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...