InicioTerra CháCastro de ReiO Goberno autoriza un acordo para futuros investimentos no aeródromo de Rozas

O Goberno autoriza un acordo para futuros investimentos no aeródromo de Rozas

Estas instalacións albergan o Polo Aeroespacial de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Ministros autorizou este martes a modificación dos límites establecidos na Lei Xeral Orzamentaria para adquirir compromisos de gasto con cargo a futuros exercicios destinados ao aeródromo de Rozas, situado no municipio de Castro de Rei.

Esta reprogramación ten como fin posibilitar ao Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas –organismo adscrito á Secretaría de Estado de Defensa do Ministerio– subscribir un convenio co Real Aeroclub de Lugo para a regulación das instalacións aeronáuticas do aeródromo de Rozas.

Estas instalacións albergan o Polo Aeroespacial de Galicia, que é un dos proxectos que busca captar fondos europeos de reconstrución Next Generation.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...