InicioSociedadeGALERÍA | Un primeiro contacto coa aviación no aeródromo de Rozas

GALERÍA | Un primeiro contacto coa aviación no aeródromo de Rozas

O XIII Criterium Aeronáutico celebrado no aeródromo de Rozas ofreceu a miles de participantes a oportunidade de probar paracaidismo, voo acrobático ou pilotaxe de drons

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este mércores finalizou o festival Criterium Aeronáutico, celebrado no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei. Este gran evento da aviación, que este 2018 acadou a XIII edición, reuniu a miles de asistentes durante as seis xornadas. Como singularidade deste evento da aviación, o público tivo a oportunidade de participar en diferentes actividades aéreas, desfrutar das exhibicións e aprender in situ sobre a industria que está a instalarse na zona. Pero sobre todo, entrar en contacto coas máquinas e os profesionais da aeronáutica.

As actividades dispostas en Rozas foron tanto de tipo aéreo como non aéreo, e para todos os públicos. Amais das exhibicións, o público non iniciado tivo a oportunidade de facer un voo inaugural, ou estrearse en paracaidismo e voo acrobático. Os máis pequenos tamén puideron probar a pilotaxe de pequenos vehículos aéreos manexados a distancia, os coñecidos como drons.

En terra, xunto coas exposicións de aeronaves, os stands informativos das empresas participantes e os faladoiros, o público tiña á súa disposición varios simuladores, karts a pedais e inchables.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...