InicioSociedadeA residencia de Outeiro de Rei intervida pola Xunta

A residencia de Outeiro de Rei intervida pola Xunta

O SERGAS, nun comunicado, di que se toma esta decisión para garantir "a calidade asistencial tralo incremento de positivos por coronavirus rexistrado hoxe".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia tomou a decisión de intervir a residencia de maiores DomusVi Lugo, no municipio de Outeiro de Rei. O executivo galego decide isto “tralo incremento no número de positivos por coronavirus rexistrado hoxe”.

Nunha nota de prensa enviada pola Consellería de Sanidade, anúnciase que “tras avaliar a evolución epidemiolóxica do centro coas consellerías de Sanidade e Política Social”, ambas as dúas “acordaron tomar esta decisión para garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro“.

Con esta intervención sanitaria da residencia, “os profesionais do Servizo Galego de Saúde farán un seguimento médico constante das persoas usuarias” das instalaccións. Tamén supervisarán a correcta aplicación dos protocolos aprobados pola Xunta de Galicia.

A decisión tomouse tamén no mesmo día en que se coñecen os resultados do segundo cribado practicado na residencia, cando se realizaron 168 probas PCR tanto a residentes como a traballadores. Neste cribado detectáronse 94 novos positivos entre os usuarios e 5 entre os profesionais.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...