InicioSociedadePedro Duque comparte a súa experiencia como astronauta nun evento celebrado en...

Pedro Duque comparte a súa experiencia como astronauta nun evento celebrado en Rozas

Uns douscentos estudantes de toda Galicia asistiron ao CIAR, en Castro de Rei, para afondar na importancia da tecnoloxía aeroespacial e aeronáutica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa de divulgación científica ‘Science Truck‘ celebrouse esta mañá no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas co obxectivo de fomentar a curiosidade científica na mocidade. O evento, centrado na enseñería aeroespacial e aeronáutica, contou coa participación do ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que afondou na súa experiencia como astronauta.

A través dunha videochamada, Duque lembroulles a uns douscentos estudantes de toda Galicia a importancia da tecnoloxía aeroespacial. Fíxoo nunha xornada de portas abertas organizada polo Polo Aeroespacial de Galicia coa colaboración da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

No encontro tamén estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a directora xeral da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Paloma Domingo; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Javier Santaolalla e Rocío Vidal foron os encargados de conducir o evento, que foi seguida in situ por 180 alumnos de secundaria e que tamén se emitiu en directo polas redes sociais.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...