InicioSucesosEsnaquizan cun coche o campo de fútbol de Castro de Rei

Esnaquizan cun coche o campo de fútbol de Castro de Rei

O Concello presentará denuncia ante a Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Castro de Rei ten previsto presentar denuncia ante a Garda Civil nas próximas horas por mor das desfeitas provocadas no campo de adestramento do club de fútbol local, que milita na Primeira Rexional, ao “meter un coche no terreo de xogo e realizar numerosos trompos”.

Así o explicou o alcalde da localidade, Francisco Balado, quen atribuíu este suceso a “un vándalo” que “meteu o seu coche no campo e dedicouse a facer trompos ata deixalo boto un noxo”.

Balado precisou que ese terreo de xogo, no que tamén se adestran os rapaces das categorías inferiores do Castro, “non está valado”, pero si “perfectamente delimitado” pola propia “trama urbana de Castro de Ribeiras de Lea”, de modo que a persoa que conducía o coche “tivo que atravesar a beirarrúa para entrar e para saír”.

O rexedor local sospeita que o condutor puido acceder ao campo desde a parte de atrás da Casa da Cultura, que está situado a poucos metros do terreo de xogo, situado á beira do centro médico da localidade e da estrada LU-113.

Á parte das desfeitas causadas, cuxa reparación pode chegar aos 2.000 euros, o alcalde lamentou o feito de que os “rapaces teñan que suspender os adestramentos nese campo” ata que o Concello consiga recuperalo.

“Serán moitas horas de traballo”, recoñeceu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...