InicioTerra CháBegonteRealizan estudos nun antigo muíño de Begonte para convertelo nun museo etnográfico...

Realizan estudos nun antigo muíño de Begonte para convertelo nun museo etnográfico do pan

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, subliñou que a colaboración entre a administración provincial e o Centro Recreativo, Cultural e Deportivo de Baamonde xa axudou a potenciar o uso desta zona de lecer do municipio, o que "contribúe a dinamizar a actividade social na zona".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mantivo un encontro este luns coa directiva do Centro Recreativo, Cultural e Deportivo (Cercud) de Baamonde na área recreativa deste núcleo, pertencente ao concello lucense de Begonte, onde o colectivo pretende converter un antigo muíño nun museo etnográfico do pan.

Segundo informou a Deputación nun comunicado, José Tomé trasladou ao colectivo que estudará a posibilidade dunha nova colaboración para a recuperación e posta en valor do antigo muíño situado nesa área recreativa, na que a institución provincial destacou que investiu preto de 3.000 euros para a súa mellora.

O presidente provincial asegurou que a Deputación estudará reparar o tellado do muíño. En todo caso, unha axuda que condicionou a que o colectivo consiga os permisos necesarios da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Con esta iniciativa pretenden converter o antigo muíño nun museo etnográfico do pan e completar así “a recuperación e potenciación” desta zona do concello de Begonte.

Ademais, José Tomé subliñou que a colaboración entre a administración provincial e o Centro Recreativo, Cultural e Deportivo de Baamonde xa axudou a potenciar o uso desta zona de lecer do municipio, o que “contribúe a dinamizar a actividade social na zona”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...