Home Terra Chá Begonte Un lume queima parte dunha casa en Begonte

Un lume queima parte dunha casa en Begonte

0
Un lume queima parte dunha casa en Begonte
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

Toda unha planta dunha casa do lugar do Carballido, en Begonte, quedou calcinada por un lume que tivo lugar na tarde deste venres. Afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incendio iniciouse ao redor das 18,00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co servizo de emerxencias galego para alertar do lume. Inmediatamente foron alertados os bombeiros de Vilalba, o GES de Guitiriz e a Guarda Civil.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencias controlaron e sufocaron o lume, que calcinou por completo o andar inferior da vivenda.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here