InicioSociedadeAlerta por risco de inundación do río Labrada ao paso por Abadín

Alerta por risco de inundación do río Labrada ao paso por Abadín

A Dirección Xeral de Emerxencias insta a adoptar as medidas preventivas en previsión da suba do caudal do río Labrada no termo municipal de Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil informou esta mañá de que o umbral de prealerta situouse en nivel laranxa na canle do río Labrada, á altura de Fraga, no termo municipal de Abadín.

Segundo a mesma fonte, ás 11.00 horas deste venres, o valor do caudal do Labrada situábase nos 3,42 metros, por riba do umbral de alerta de 3,25, con tendencia de suba.

En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias insta a adoptar as medidas preventivas necesarias, e a alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...