InicioTerra CháAbadínExcarcerada unha muller tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo...

Excarcerada unha muller tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser excarcerada do vehículo que conducía tras sufrir unha saída de vía en Abadín e quedar atrapada no mesmo.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9,30 horas deste mércores na estrada que une Moncelos e A Pastoriza. Tras ser alertados do sinistro por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía.

Posteriormente, a muller e única ocupante do turismo, que quedara atrapada no seu interior, foi excarcerada polos Bombeiros de Vilalba para poder ser atendida polos servizos sanitarios desprazados ao lugar.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...