InicioTerra CháA PastorizaUn morto tras saír da vía e chocar contra un tractor na...

Un morto tras saír da vía e chocar contra un tractor na Pastoriza

O falecido era veciño de Abadín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 63 anos de idade faleceu este martes nun accidente de tráfico á altura do punto quilómetro 5 da estrada LU-P-0102 (Fontevella a Carrizal) no termo municipal de Pastoriza.

O sinistro produciuse pola saída da vía do vehículo, pola marxe esquerda da mesma, e o posterior choque contra un tractor estacionado. O accidente tivo como resultado o falecemento dun veciño de Abadín, con iniciais LRI, sendo o condutor o único ocupante do turismo, segundo informou a Garda Civil de Lugo.

Segundo os servizos de emerxencias, dous equipos do 112 galego desprazáronse ata o lugar do feito aínda que nada puideron facer para salvar a súa vida. No dispositivo tamén interviñeron os Bombeiros de Vilalba, o GES de Pontenova e a Garda Civil de Tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...