InicioEconomíaA Pastoriza ofrece tres novos postos de traballo a través de DepuEmprego

A Pastoriza ofrece tres novos postos de traballo a través de DepuEmprego

Os interesados deberán estar inscritos como demandantes de emprego no INEM e contan ata o 10 de setembro de prazo para enviar as solicitudes ao Concello da Pastoriza

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este xoves que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 5 novos postos de traballo do DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste caso, trátase de 2 postos de peón no Concello de Triacastela, e outros 3 postos na mesma categoría profesional no da Pastoriza. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección deberán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 10 de setembro, no caso dos postos ofertados polo Concello da Pastoriza; e ata o 12 de setembro, para facer a súa demanda no Concello de Triacastela.

Os interesados deberán dirixirse aos correspondentes Concellos para os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello correspondente e no banner de emprego da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal.

No último ano, o Goberno da Deputación financiou un total de 308 postos de traballos en 66 Concellos da provincia. Isto foi posible mercé a un investimento de 3,5 millóns de euros, distribuídos en base a criterios de obxectividade. 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...