InicioSociedadePrazas de novo ingreso nas escolas infantís de Lugo e A Pastoriza

Prazas de novo ingreso nas escolas infantís de Lugo e A Pastoriza

O prazo para formalizar a matrícula nos catro centros de Lugo remata 22 de xuño – Na Pastoriza, o 6 de xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo

O Concello de Lugo publicou este venres as listas definitivas de nenos e nenas admitidas no vindeiro curso 2018/2019 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer; así como as listaxes de espera e desestimados e desestimadas.

Todas as persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010.

O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos  e cativas teñan praza.

A Pastoriza

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Pastoriza abriu o prazo para a presentación de solicitudes de novo ingreso. Completado o proceso de renovación de matrícula para os nenos e nenas que xa están a ser atendidos, o centro recolle agora as demandas das familias interesadas en acceder por primeira vez ao servizo. Ofrécense para iso trece das vinte prazas coas que conta o PAI.

Os solicitantes deberán presentar a documentación requerida –certificado de empadroamento e documentos relativos á situación económica- nas oficinas de rexistro do concello ata o vindeiro 6 de xullo.

O PAI pastoricense atende este curso a 16 nenos e nenas de distintas localidades do municipio con idades entre tres meses e tres anos, prestando un servizo de apoio asistencial e educativo ás familias.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...