InicioMedioambiente e PatrimonioNovas actuacións consolidarán os recentes achádegos no Castro de Viladonga

Novas actuacións consolidarán os recentes achádegos no Castro de Viladonga

A Consellería de Cultura segue a recomendación dos responsables da excavación no Castro de Viladonga e comprométese a novas actuacións en meses vindeiros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo consolidará en futuras actuacións o torreón, a escaleira e o alxibe descubertos no Castro de Viladonga, no termo municipal de Castro de Rei. O departamento autonómico segue así o criterio dos responsables da excavación e a dirección do Museo, conscientes de que estes achádegos obrigan a seguir investigando para reinterpretar a verdadeira dimensión do xacemento.

O depósito de auga e a sofistificación do sistema defensivo son probas da importancia de Viladonga antes da presenza de Roma. Os achados son produto da casualidade, dos derrubamentos acontecidos durante a última campaña de reescavación e perfilado. Estes traballos contaban cun investimento de 200.000 euros; aliás, o delegado territorial José Manuel Balseiro confirmou que haberá que “escavar alén do previsto, e condicionará as intervencións dos vindeiros meses”.

As actuacións no asentamento castrexo afectaron a 1.250 metros cadrados no sector nordeste do Castro de Viladonga, dos cales 100 foron de nova escavación, e o resto actuacións sobre estruturas arqueolóxicas exploradas nos anos setenta e oitenta, para garantir a súa conservación. Ademais, os traballos permiten un percorrido máis accesible para os visitantes e apreciar con claridade a muralla e o foso.

Así, seguirán novas intervencións en liña coa campaña arqueolóxica vixente, pechando a secuencia iniciada en 2016, cando foron consignados outros 200.000 euros para asentar o conxunto e corrixir as eivas detectadas no estudo de diagnose.

A directora do museo do Castro de Viladonga: “Obras deste tipo nada tiñan que envexar ao mundo romano”

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...