A Audiencia Provincial de Lugo acolle o vindeiro martes, día 13, o xuízo contra dous homes por pelexarse pola presenza dun cabalo nunha leira propiedade dun dos procesados. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse o 18 de setembro de 2022 cando se atopaban nas inmediacións dun deles na localidade de Xermade.
“Coa intención de agredirse mutuamente”, ambos, golpeáronse. Un dos acusados colleu do maleteiro do seu coche un gato metálico para agredir ao outro home. Así mesmo, o outro acusado fixo uso dun obxecto de ferro e golpeou no rostro ao outro procesado. Por todo iso, un dos acusados enfróntase a unha pena de catro anos de prisión por un delito de lesións e deberá indemnizar con máis de 6.900 euros á vítima. Para o outro procesado, o Ministerio Publico pide unha pena de tres meses de multa por un delito leve de lesións e deberá indemnizar ao outro home con máis de 3.100 euros.