InicioEconomíaGuitiriz estrea un novo balneario con campo de golf que incrementa a...

Guitiriz estrea un novo balneario con campo de golf que incrementa a oferta de turismo termal en Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Guitiriz  conta cun novo balneario con campo de golf posto en marcha por Iberik Hoteis tras un investimento de 8,5 millóns de euros para remodelar as instalacións.

A inauguración tivo lugar este martes coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto ao que tamén asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Alí, segundo recolle un comunicado da Xunta, Rueda incidiu na “calidade diferencial” do turismo termal en Galicia, unha comunidade “referente” neste campo no que concentra o 20% da oferta estatal e que visitaron 150.000 persoas en 2022.

O presidente incidiu en que as augas galegas son “un valor seguro” recoñecido “desde hai séculos” que, na actualidade, é apreciado polo turista que aposta por destinos “non masificados” e de “calidade”.

Así, destacou na implicación de “todas as administracións” para recuperar a actividade neste balneario de Guitiriz. Pola súa banda, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, resaltou que a apertura do novo balneario de Guitiriz “demostran que as cousas se están facendo ben, impulsando o emprego e a economía do rural”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...