InicioPolíticaO PSdeG denucia ao alcalde de Abadín por pedir o voto na...

O PSdeG denucia ao alcalde de Abadín por pedir o voto na xornada de reflexión

Tamén denuncia que se produciron irregularidades en Friol

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños de Abadín e a propia candidatura socialista tiveron coñecemento e localizaron ó Alcalde e candidato do Partido Popular, José María López Rancaño, pedindo o voto neste sábado, xornada de reflexión. Por tales feitos, o candidato socialista á Alcaldía da localidade, Pablo Díaz, presentou esta mesma maña unha denuncia ante a Garda Civil e o partido trasladou á Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo estes supostos, que van en contra da Lei que regula o proceso electoral.

IRREGULARIDADES TAMÉN EN FRIOL

No caso de Friol, os socialistas denunciaron ante a xunta electoral de zona de Lugo que o alcalde e candidato do PP no municipio, José Ángel Santos, enviou a cada domicilio propaganda electoral, en formato revista, “usando datos persoais dos veciños”. Un envío que, segundo sinalan, realizouse con anterioridade ao que todas as candidaturas realizan co sobre de votación e a carta do candidato.

Así, o PSOE local sospeita que o rexedor puido utilizar o padrón municipal para obter os datos dos veciños, algo que incumpriría a lexislación. Na denuncia, explica o PSOE lucense, tamén se pide á xunta electoral que comunique estes feitos á Axencia Estatal de Protección de Datos para a súa posible actuación e que se traslade ao Tribunal de Contas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...