InicioTerra CháCastro de ReiSolicitan nove meses de prisión para un home de Castro de Rei...

Solicitan nove meses de prisión para un home de Castro de Rei por un delito contra a fauna e a flora

O xulgado de instrución número 1 de Lugo acollerá este venres o xuízo contra un home de Castro de Rei que, coñecendo a ilicitud da súa conduta, albergaba, outros especímenes, unha parella da especie Faisan Monal do Himalaya, incluída na Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Fiscalía pide ao acusado nove meses de prisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo recolle o escrito do Ministerio Público, o home carecía dos certificados CITES e demais documentación que xustificase a procedencia legal dos especímenes.

Estes foron achados en poder do acusado por axentes do Seprona da Garda Civil de Lugo, sobre as 13:00 horas do día 8 de outubro de 2021, cando se produciu a súa intervención.

Deste xeito, o fiscal considera ao veciño de Castro de Rei delito contra a fauna e a flora, polo que solicita nove meses de prisión, si como a accesoria de inhabilitación especial para o dereito a cazar e pescar durante 3 anos.

ÚLTIMAS

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...

A Deputación de Lugo reivindica o seu modelo de residencias de maiores

O responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...