InicioTerra CháVilalbaElba Veleiro, alcaldesa de Vilalba: "Se entrasen máis capóns, máis se venderían"

Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba: “Se entrasen máis capóns, máis se venderían”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asegurou este xoves que si entrasen máis capóns á feira, que se celebrou o mércores no mercado da capital chairega, “máis se venderían”.

De venda directa, a rexedora estimou que se comercializaron “preto de trescentos capóns, aínda que había máis censados pero deriváronse con días de antelación para negocios de restauración de Galicia e de fóra de Galicia”.

En canto aos prezos sinalou que oscilaron “entre os 110 e os 120 euros, aínda que algún exemplar chegouse a pagar por encima destes valores”. Un prezo máis elevado que o pasado ano, en que a media se situaba en 100 euros o capón.

Ademais destes trescentos vendidos, Elba Veleiro, considera que se puideron “vender outros tantos que xa estaban comprometidos”, mesmo desde o pasado ano e que “van para locais de restauración”.

Unha cuestión na que fixo especial fincapé é no éxito desta edición, na que “non houbo restricións”. A alcaldesa de Vilalba insistiu en que a edición da Feira do Capón este ano “foi moi ben”, “tan ben” que ás doce da mañá xa estabanvendidos todos os exemplares”.  “Transmítennos os criadores que se houbese máis capóns, máis se venderían”, concluíu Veleiro.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que a Xunta “siga marxinando” a Lugo, ao non reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio...

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

O BNG denuncia a retirada da última conexión de tren entre Lugo e Ourense

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG levará ás...

Detidos dous lucenses por estafar na contratación de seguros para turismos e motos

A Garda Civil detivo a dous veciños de Lugo, ambos de 42 anos, como...