InicioPolíticaInstan á Xunta a reabrir o centro de saúde de Parga, en...

Instan á Xunta a reabrir o centro de saúde de Parga, en Guitiriz, con todo o persoal e servizos

Precisamente, foron diferentes as mobilizacións protagonizadas polos veciños para pedir a reapertura deste consultorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todos os grupos parlamentarios apoiaron a iniciativa do BNG para instar á Xunta a axilizar as obras e as actuacións para a reapertura total do centro de saúde de Parga, en Guitiriz.

Concretamente, a proposta insta o Goberno galego a “acometer cantas accións sexan precisas para a apertura, o máis axiña posible, do centro de saúde de Parga”, coas instalacións e persoal “adecuados” para atender, “coa máis alta calidade asistencial á poboación do ámbito de influencia dese consultorio”.

Precisamente, foron diferentes as mobilizacións protagonizadas polos veciños para pedir a reapertura deste consultorio. Neste sentido, o concelleiro do BNG Xosé Lois González Souto ‘Pereira’ lamentou a decisión de abrir coa “metade” do servizo.

“Ou se está cos veciños ou se está coas políticas de redución de servizos para beneficiar á sanidade privada. É preciso que se abra o consultorio con todas as coberturas”, reclamou o BNG.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...