InicioTerra CháA PastorizaA Pastoriza terá que pagar 20.000€ por suspender un contrato no confinamento

A Pastoriza terá que pagar 20.000€ por suspender un contrato no confinamento

A sentenza beneficia así á empresa que desempeñaba o labor de atención no fogar durante eses meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo condenou ao Concello da Pastoriza a indemnizar con 21.156 euros á empresa que prestaba o servizo de axuda no fogar en 2020 polos prexuízos que lle causou a suspensión parcial da actividade entre os meses de marzo e maio dese ano, como consecuencia do estado de alarma decretado pola crise da covid-19.

Na resolución, a maxistrada indica que, durante ese período, a empresa abonara as nóminas do persoal, a pesar de que “só puido prestar os seus servizos a 13 dos 97 usuarios”. A suspensión, por tanto, “afectou, e de modo extraordinario, á execución ordinaria do contrato, ao alterarse substancialmente o número de usuarios, un dos seus elementos esenciais”, engade.

Así, sinala a sentenza, debe aplicarse o artigo 34.1 do Real Decreto Lei 8/2020, de 17 de marzo, é dicir, que cando a execución dun contrato público quedase en suspenso como consecuencia do estado de alarma, a entidade adxudicadora “deberá abonar ao contratista os danos e prexuízos sufridos por este durante o período de suspensión”.

Neste caso, a xuíza considera “irrefutable” que a propia administración municipal acordara a suspensión parcial da actividade, polo que a adxudicataria carecía da posibilidade de executar o contrato. Ademais, destaca que o prexuízo económico ocasionado á empresa foi “real e efectivo”, á vez que remarca que está “perfectamente acreditado” no informe económico que presentou ante o xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...