InicioTerra Chá"Recortes" sanitarios na Terra Chá: "hai centros de saúde pechados e abúsase...

“Recortes” sanitarios na Terra Chá: “hai centros de saúde pechados e abúsase das citas telefónicas”

O Sindicato Labrego Galego demanda unha reunión co Sergas para abordar unhas "deficiencias" que afectan aos que menos teñen, segundo apunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Multiplícanse as denuncias ante o “recorte” de servizos sanitarios na Terra Chá. Estas van dende “centros de saúde pechados ou cun funcionamento parcial dos servizos”, que afectarían a Parga ou Baamonde, a “prazas de medicina familiar sen cubrir ou cubertas cada día con un profesional diferente, propios dos centros de saúde de Vilalba e Xermade”; e, finalmente o “abuso das citas telefónicas”.

Tales son algunhas das deficiencias que veñen de ser postas en coñecemento da Consellería de Sanidade da man do Sindicato Labrego Galego logo de rexistralas na veciñanza destes concellos lucenses. Segundo destacan dende a formación, estas queixas veñen de ser entregadas mediante rexistro para facer chegar á Consellería a situación da saúde desta comarca lucense, “en servizos mínimos”.

Dende o Sindicato aproveitaron a entrega destas queixas reiteradas para solicitar unha unha reunión coa xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco Varela, e instala a dar un xiro a esta situación. A formación denuncia que “á situación de excepción sanitaria, hai que sumar vacacións, xubilacións do persoal sanitario, dándose casos de prazas sen cubrir ou cubertas de forma deficitaria”.

“Concretamente”, destacan, “hai centros de saúde en que cada día se ofrece atención presencial de un médico diferente, e en que a recomendación de 1.300 pacientes por médico -e o límite de 1.500- se ven sobrepasados claramente”. A organización fai notar ademais a “inxustiza” duns recortes que virían afectar “especialmente aquelas familias ou persoas con menos medios económicos”. E de que nunha comarca con poboación moi envellecida, “este recorte de servizos sanitarios repercute directamente neste segmento de poboación que é máis vulnerable”.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...