InicioSucesosO incendio dunha palleira obriga a un dispositivo especial en Xermade

O incendio dunha palleira obriga a un dispositivo especial en Xermade

A cantidade de material almacenado na palleira de Xermade obrigou aos Bombeidos de Vilalba a pedir apoio ao GES de Guitiriz e mailos Bombeiros do Eume

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vilalba traballan arestora na exinción do incendio dunha palleira no concello chairego de Xermade. O lume está controlado, mais o gran volume de herba seca almacenada complica as tarefas ata o punto de que o dispositivo permanece activo.

Iniciado pasadas as 9.30 horas deste luns no lugar de Reboxento, parroquia de Piñeiro, o incendio acadou así mesmo a ferramentas e outro material gardado no interior da palleira.

Segundo informaron os servizos de emerxencia, foi un particular o que deu a alerta ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. Dende o 112 avisaron ao corpo de extinción comarcal de Vilalba, á Garda Civil, aos efectivos do Grupo de Extinción Supramunicipal de Guitiriz, e á Protección Civil da localidade.

A dificultade para combater o lume da palleira fixo que os Bombeiros do Eume compareceran en Xermade para prestar apoio.

A palleira afectada atópase preto dun cortello e mais unha vivenda, aínda que os Bombeiros de Vilalba aseguran que ninguén resultou ferido a consecuencia do incendio.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...