InicioSucesosVilalba, epicentro dunha estaba de banca electrónica de máis de 100.00 euros

Vilalba, epicentro dunha estaba de banca electrónica de máis de 100.00 euros

A Garda Civil detén aos presuntos autores deste delito de phishing, orixinarios de ata cinco países diferentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a oito persoas como supostos autores dun delito de estafa bancaria na modalidade de phishing, que tiña a Vilalba como epicentro das transaccións económicas. Estas persoas formaban parte dunha rede criminal perfectamente estruturada, na que cada un deles tiña o seu labor claramente definido.

Nun comunicado, a Benemérita destaca que a  investigación se iniciou tras ter coñecemento de varios feitos delituosos de similares características que afectan a tres persoas de Barcelona, Madrid e País Vasco respectivamente. Tras as primeiras pescudas, os axentes logran identificar a varios compoñentes da organización que se encargaban da retirada do diñeiro de orixe fraudulenta das contas das vítimas. “Trátase de oito membros, oriúndos de Colombia, Marrocos, Republica Dominicana, Rumania e España, con idades comprendidas entre os 20 e 36 anos de idade”, apunta. Estes fondos ingresábanse de maneira ilegal nas contas dalgúns compoñentes do tramo máis baixo da organización, o que no argot denomínase “muleros”, para posteriormente entregarllos os do tramo intermedio da trama. Os detidos tiñan as contas en entidades bancarias da localidade lucense de Vilalba, desde as cales facían as transaccións.

As cantidades transferidas ás contas dos membros da organización criminal ascenderían a 100.000 euros, dos que só puideron dispor, ao ser bloqueadas as mesmas por mor da investigación, duns 12.000 euros. As vítimas da estafa recibirían correos electrónicos, suplantando entidades bancarias, nas que mediante engano conseguían os datos dos prexudicados e as súas claves de acceso das contas correntes para posteriormente realizar transferencias non autorizadas de 15.000 euros con destino ás contas de determinados membros da organización.

Tras as primeiras detencións, a Garda Civil foi descubrindo ás persoas que pertencían á trama criminal así como os labores que nela desempeñaban. Deste xeito logrouse desarticular a mesma recuperando así os 12.000 euros dos que chegaron a dispor os membros da rede.

O diñeiro lógrase recuperar oculto nunha zona arborada no paseo do río Magdalena. Este atopábase en diversos sobres marcados, dispostos para facer a repartición dentro dos diferentes compoñentes da organización. A investigación policial continúa aberta non descartando novas detencións en datas próximas.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...