InicioSucesosQueda durmido cun secador dentro da cama e provoca un lume

Queda durmido cun secador dentro da cama e provoca un lume

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros do parque comarcal do Vilalba tiveron que intervir á primeira hora desta mañá para sufocar un incendio que se produciu no interior dunha vivenda no lugar do Chao, no municipio lucense de Xermade, supostamente provocado porque o propietario quedou durmido co secador do pelo aceso dentro da súa cama.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE), a alerta saltou ás 08:43 horas, cando un particular chamou ao 112 para informar o incendio. Inmediatamente, a central de coordinación de emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Vilalba, a Protección Civil de Xermade e á Garda Civil.

Cando chegaron ao lugar do incendio, os bombeiros comprobaron que o lume afectara ao colchón da cama e a unhas mantas, pero non se propagou ao resto da vivenda, polo que extinguiron as chamas e botaron fóra de casa todo o que se queimou, para evitar que o incendio se reavivase.

Os propios Bombeiros explicaron ao 112 que todos os indicios apuntan a que o lume se orixinou ao quedar durmido o propietario da vivenda co secador na cama. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e, despois de sufocar o incendio, os Bombeiros realizaron medicións dentro do inmoble para comprobar que non había gases tóxicos acumulados pola combustión no interior da vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...